miércoles, 21 de diciembre de 2011

15/11/11 DÍA INTERNACIONAL SEN ALCOHOL




















O pasado 15 de Novembro en Moraña e Cuntis instaláronse dous puntos de información ambulantes con información relativa ó alcohol. Dende o II Plan Operativo de Promoción da Saúde e Prevención das Drogodependencias pretendeuse resaltar a importancia que o consumo de alcohol ten na nosa sociedade e as graves consecuencias do seu abuso. Tamén houbo unha mención especial ó consumo de alcohol e a conducción. Aqueles/as veciños que se acercaron tiveron un agasallo. Tamén se fixeron enquisas sobre o consumo de alcohol nos Concellos e fíxose un estudio estadístico posterior que xa se ode consultar na oficiña da ran.

martes, 20 de septiembre de 2011

¿QUERES DEIXAR DE FUMAR? pois ¿a que esperas?

A partires do próximo mes de outubro aqueles veciños/as de Moraña ou Cuntis que queiran deixar os "malos humos" poderán facelo co Programa Grupal para deixar de fumar.
En Moraña os mércores de 20.00 a 21.00, empeza o 5 de outubro na Casa da Cultura
En Cuntis os martes de 20.00 a 21.00, em peza o 4 de outubro no CFO A Ran
Os esperamos!

jueves, 16 de junio de 2011

OBRADOIRO DE MÚSICA ELECTRÓNICA, RAP E HIP-HOP "AS RIMAS SAUDABLES"





Obradoiro de música electrónica rap e hip-hop “As rimas saudables”
Moraña 8 de Xullo





SE QUERES APRENDER OS PRIMEIROS PASOS PARA CREAR A TÚA PROPIA MÚSICA E PODES CREAR LETRAS CON RIMAS QUE FALEN DOS RISCOS DAS DROGAS .....APÚNTATE A ESTE OBRADOIRO
¡PRAZAS LIMITADAS! PARA MAIORES DE 15 ANOS
DATA:8 DE XULLO DE 18.00 A 23.00 HORAS NA CASA DA CULTURA DE MORAÑA E EXHIBICIÓN NA PRAZA DO CONCELLO

INSCRICIÓNS E MÁIS INFO: prevencion@cuntis.es , Casa da Cultura de Moraña e neste blog.
Os únicos requisitos que pedimos son que traias rimas ou letras para a túa canción xa preparadas que fagan alusión os riscos dalgunhas sustancias ou as ventaxas de non concumir drogas e facer unha vida saudable con actividades culturais, deporte etc.
Pódelas enviar con antelación o noso correo electrónicoe: prevención@cuntis.es
Por exemplo:
"después del puestón me entró la depresión"
"con el snow he descubierto que es mejor estar despierto"
"mola mogollón madrugar sin resacón"
"con la pasta de la fiesta ahora me piro de retiro y con mi novia me divierto sin tener que estar puesto"
Xa ves que é sinxelo, so fai falta que lle botes creatividade e imaxinación. Podes escribir en calquera idioma:galego, castelán, inglés, francés etc.
Na primeira parte do obradoiro revisaremos as letras para xa comezar de imediato co deseño das vosas cancións e terminar facendo unha exihibición na rúa acompañada da desgustación dos cócteles sen alcohol que poderá probar calquera persoa que pase pola rúa e o desexe.
ANIMÁDEVOS E DARVOS PRESA PORQUE AS PRAZAS SON LIMITADAS!

II PARTE DA HORTA ECOLÓXICA E ALMORZOS SAUDABLES

AMUMNOS/AS DE CUNTIS NA DEGUSTACIÓN


ORTA DO COLEXIO DE MORAÑA




O pasado 7 e 14 de xullo tivo lugar nos colexios de Cuntis e Moraña a segunda parte da actividade "a horta acolóxica". Nesta ocasión visitouse a horta e valoráronse os resultados do prantado con anterioridade polos/as rapaces/as de 6º de primaria.

Despois fixéronse "almorzos saudables"facendo unha combinación de alimentos tendo en conta as directrices da pirámide alimenticia cun menú saudable composto por froitas, pans variados, queixo, vexetais, iogur e batidos así como crema de mexilóns. A maior parte dos alimentos foron ecolóxicos e algúns da orta escolar.

Dende este Plan agradecemos a colaboración de CLESA E PANADERIA CERVELA nos almorzos.
















































lunes, 13 de junio de 2011

RESULTADOS I CERTAME "O TABAQUISMO"



Xa sabemos quenes foron os finalistas do I certame sobre o tabaquismo onde concursaron alumnos/as de 1º e 2º da ESO

2ª PREMIO: EDUARDO BÚA BARBOSA CPI "Santa Lucía de Moraña"

1º PREMIO: YOLANDA OUTEDA RUIBAL CPI "Santa Lucía de Moraña"












NORABOA!!!@S AFORTUNADOS E GRACIÑAS POR PARTICIPAR!!

martes, 31 de mayo de 2011

ESTE SÁBADO 4 DE XUÑO VEN CON NÓS!!!A CELEBRAR O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

ACTIVIDADES NO “ DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE”

Dende o concello de Cuntis a través do Núcleo de Sostenibilidade, o Plan Operativo de Promoción da Saúde e Prevención das Conductas Adictivas e o Departamento de Actividades deportivas terá lugar o próximo sábado 4 de xuño a celebración do “día mundial do medioambiente”.
Ó longo do día haberá actividades para tódolas idades. Obradoiros de mecánica da bicicleta, de reciclaxe e saúde para nenos/as entre os 4 e os 12 anos, gymkhana deportiva, degustación de cócteles saudables para tódolos públicos, entrega dos premios do certame sobre o “tabaquismo” e algunha sorpresa.
O obxectivo principal de esta celebración é concienciar á poboación da importancia que ten para a nosa saúde e ben estar o respeto ó medioambiente, facer deporte e alimentarnos de maneira saudable. O mesmo tempo tamén poderáse decubrir verdadeiras delicias de cócteles sen alcohol e coñecer os riscos da conducción baixo os efectos do alcohol con gafas simuladoras.
O traballo será multidisciplinar desenvolvido polo persoal responsable dos diferentes programas: un licenciado en bioloxía ambiental, un licenciado en INEF e unha licenciada en psicopedagoxía.
Para apuntarse nestas actividades poderá facerse ou ben na secretaría dos colexios de Cuntis e Moraña ou na Axencia Local de Sostibilidade do Concello de Cuntis.
Esperamos que calquera veciño/a que estea interesado se acerque e participe.

ACTIVIDADE "CONTA-CONTOS" NAS ESCOLAS UNITARIAS DE CUNTIS E MORAÑA













ACTIVIDADE “CONTA-CONTOS: A MÚSICA DOS ALIMENTOS”
Mediante esta actividade con información audiovisual acompañada de sons, os nenos/as puideron iniciarse no mundo da alimentación saudable. Coñeceron os diferentes personaxes do conto:a doutora Saúde e a Andina e a súa familia que farán tolear a máquina dos alimentos.
Esta máquina é capaz de facer soar a calquera alimento que lle poñamos diante e incluso de poñerlle música as barrigiñas dos diferentes participantes.
Como obsequio ó final da actividade entregáronse bolsiñas de froitos secos a tódolos nenos/as para recordarlles que según a pirámide dos alimentos é recomendable o seu consumo polo menos 2 ou 3 veces á semana.
As escolas nas que se fixo a actividade foron: “San Lourenzo”, “Amil”, e “Lamas” no Concello de Moraña ,e “Arcos” no Concello de Cuntis.
A actividade foi impartida pola técnica de Saude dos Concellos de Cuntis e Moraña sempre coa colaboración das mestras das escolas.