viernes, 6 de mayo de 2011

CONTACONTOS" A MÚSICA DOS ALIMENTOS"



ACTIVIDADE “CONTA-CONTOS: A MÚSICA DOS ALIMENTOS”
Cuntis, 6 DE MAYO, 2011

Dende os concellos de Cuntis e Moraña a través do Plan Operativo de promoción da Saúde e Prevención das Conductas Adictivas terán lugar nas Escolas Unitarias de Educación Infantil de Cuntis e Moraña diferentes sesións de conta-contos: “a música dos alimentos” durante este mes de maio.
Esta mesma actividade xa se fixo nas escolas infantís de Cuntis e Moraña o pasado mes de marzo.
Mediante esta actividade con información audiovisual e auditiva os nenos/as poderán iniciarse no mundo da alimentación saudable. Coñecerán os diferentes personaxes do conto:a doutora Saúde e a Andina e a súa familia que farán tolear a máquina dos alimentos.
Nesta ocasión será o turno das Escolas Unitarias de “San Lourenzo”, “Amil”, “Lamas”,e “Arcos”.
A actividede será impartida pola técnica de Saude dos Concellos de Cuntis e Moraña sempre coa colaboración das mestras das escolas.

ELABORACIÓN DA HORTA ECOLÓXICA
















Na segunda parte da actividade os/as alumnos/as de 6º de primaria do C.P.I "Don Aurelio Marcelino Rey García" e do C.P.I "Santa Lucía en Moraña" plantaron eles mesmos/as as diferentes especies xa mencionadas coa axuda do técnico en agricultura ecolóxica. Os alimentos ecolóxicos gozan dunha grande calidade nutritiva, sen pesticidas, fertilizantes e organismos manipulados xenéticamente. A participación dos centros educativos foi excelente comprometéndose nos dous Concellos a regar e coidar da horta.
















miércoles, 4 de mayo de 2011

UNHA ALIMENTACIÓN SAUDABLE E ECOLÓXICA NOS CENTROS EDUCATIVOS DE CUNTIS E MORAÑA













O pasado día 27 de abril e onte 3 de maio tiveron lugar unha nova serie de actividades no C.P.I de Cuntis “Aurelio Marcelino Rey García” e no C.P.I “Santa Lucía” de Moraña dentro do Plan Operativo de Promoción da Saúde e Prevención das Conductas Adictivas 2011.
Este Plan lévase a cabo polos Concellos de Cuntis e Moraña.
O obxectivo principal das actividades foi concienciar os/as alumnos/as de 6º de primaria da importancia que ten unha boa alimentación na nosa saúde.
Na primeira parte da actividade a técnica responsable do programa a través dunha unidade didáctica traballou cos/as alumnos/as conceptos básicos en torno á agricultura ecolóxica e á alimentación saudable mediante unha metodoloxía activa e participativa con dinámicas grupais.

FOTO 1: ORDEANDO UNHA DEFINICIÓN
FOTO 2: TRABALLOS EN GRUPOS
FOTO 3: AS FICHAS DOS ALIMENTOS

martes, 3 de mayo de 2011

EXPOSICIÓN SOBRE DROGAS ON LINE

Se queres saber máis sobre as distintas drogas recomendamos unha visita interactiva a esta exposición. Proba e se queres nos podes contar a túa experiencia.
O museo ten dez salas...
Adiante!! podes pasar a entrada é gratuita!

http://www.hablemosdedrogas.org/exposicion/

martes, 19 de abril de 2011

¡OBRADOIRO DE PILATES!

A partir do próximo 1 de Maio as persoas que se anoten poderán disfrutar do obradoiro de iniciación ó Pilates no Concello de Moraña e no Concello de Cuntis. A actividade é de balde financiada polo Plan Operativo de Promoción da Saúde e prevención das drogodependencias. ¿A que esperas para apuntarte?Máis información en prevencion@cuntis.es ou no teléfono 986532579

ACTIVIDADES DA SEMANA SANTA EN MORAÑA


OS XOGOS DA RISA


A RODA DOS ALIMENTOS



AXUDANDO A MARMY, A MASCOTA DOS ALIMENTOS...


O luns 18 de abril, tiveron lugar na Casa da Cultura de Moraña actividades vincualdas ó Plan Operativo de Promoción da Saúde e Prevención das Conductas Adictivas. En primeiro lugar os máis pequenos participaron nun conta-contos sobre alimentación saudable e o diseño dun mural sobre a roda dos alimentos.
En segundo lugar realizáronse xogos grupais no patio exterior da Casa da Cultura con rapaces de hasta os 11 anos de idade.

A participación foi moi boa. Dende este servizo queremos agradecer a participación dos asistentes e esperamos que repitan nas vindeiras actividades.

Se vos interesa e queredes xogar máis con Marmy podedes visitar os seguintes enlaces:







Un saudo!