O Concello de Moraña celebrará os días 29, 30 e 31 de Marzo a actividade “Xogando pola alimentación”, organizada polos Concellos de Cuntis e Moraña, a través do Programa Operativo de Promoción da saúde e Prevención das drogodependencias. Dita actividade terá lugar de 16.30 a 20.00 horas na Casa de Cultura do Concello de Moraña. Con esta actividade preténdese fomentar hábitos saudables, entre eles unha boa alimentación, a través de actividades de ocio e tempo libre.
- 16.30 a 18.00 nenos de 3 a 6 anos.
- 18.00 a 20.00 nenos de 7 a 13 anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
DEIXA AQUÍ A TÚA OPINIÓN