viernes, 5 de noviembre de 2010





Cuntis e Moraña celebra a actividade: “ Programa para deixar de fumar”
os próximos meses de novembro/decembro de 2010.

Cuntis e Moraña, 3 de novembro de 2010

Os concellos de Cuntis e Moraña a través do Plan Operativo de Promoción da Saúde e prevención das drogodependencias, están a levar a cabo, un ano máis, múltiples accións preventivas, tanto específicas como inespecíficas (educación para a saúde), orientadas a minimizar os factores de risco e potenciar a influencia dos factores de protección co fin de previr o consumo de drogas.

Dentro dos programas preventivos da carteira de servizos do Plan Galego de Drogas atópase o “Programa para deixar de fumar”, que se aplicará o longo dos meses de novembro e decembro na Casa de Cultura A.D.R.Castelao de Moraña.
O programa de deshabituación progresiva do consumo de tabaco é un tratamento psicolóxico eficaz que demostrou en múltiples aplicacións a súa elevada eficacia para deixar de fumar. Consiste na realización por parte dos/as asistentes, semana a semana, dunha serie de tarefas, que lle permitirán deixar de fumar na quinta semana. As actividades que plantexa o programa son sinxelas. Permitindo abandoar o consumo de tabaco de forma paulatina, e con pouco esforzo.

Antes de comezar co Programa propiamente dito realizarase unha reunión inicial na que se informará os/as asistentes sobre a dinámica a seguir durante as 5 semanas de duración do programa, concretarase o día e hora de reunión semanal e repartirase o material necesario para poder desenvolver o programa.

A reunión inicial realizarase o mércores 17 de novembro de 2010 de 20.30 a 22.00 h da tarde na Casa de Cultura A.D.R. Castelao, Moraña.

Para participar na actividade e necesaria inscripción previa (prazas limitadas; 20 prazas). Data límite para inscribirse, venres 12 de novembro.

Inscripción: Casa de Cultura A.D.R. Castelao ou chamando os teléfonos:

986 552809 (Biblioteca de Moraña).
986 532579 (Julia).

Plan Operativo de promoción da Saúde e Prevención das drogodependencias

OS CONCELLOS DE CUNTIS E MORAÑA CONTINÚAN AVANZANDO EN MATERIA DE PROMOCIÓN DA SAÚDE E PREVENCIÓN DAS DROGODEPENDENCIAS


Cuntis e Moraña 5 de Novembro de 2010.

Un ano máis os concellos de Cuntis e Moraña asinan un Convenio de colaboración para o desenvolvemento de Programas de Prevención de Drogodependencias xunto coa Subdirección Xeral de Programas de Fomento de Estilos de Vida Saudables da Dirección Xeral de Saúde Pública e Planificación, da Consellería de Sanidade, a través da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP).

A través do Plan Operativo de Promoción da Saúde e Prevención das drogodependencias inténtase dar resposta a un dos grandes problemas aos que se enfronta a sociedade actual, que afecta non só á saúde das persoas directamente implicadas no consumo de drogas senón tamén ao benestar da comunidade. Isto vense realizando a través de varias intervencións que teñen como obxectivo minimizar a influencia dos factores de risco e potenciar os factores de protección ante o consumo de drogas. Desenvólvense accións destinadas a reducir e /ou retrasar o abuso de drogas, e/ou en caso de terse producido, reducir ao mínimo as súas consecuencias negativas.

Os programas inciden no feito de que a prevención das drogodependencias non é un traballo só de especialistas, senon que é responsabilidade de toda a sociedade, xa que o consumo de drogas é un fenómeno xeneralizado na nosa sociedade, apoiado en aptitudes tolerantes. Isto implica que é necesario desenvolver intervencións en diferentes ámbitos como o escolar, o familiar, o comunitario, o laboral etc. De aí, que para abordar en toda a súa amplitude a prevención do consumo de drogas, sexa necesaria a participación de todas/os as/os axentes sociais e institucións.

Outro aspecto importante a resaltar na prevención das drogodependencias é a importancia de manter informada á poboación dos recursos existentes no noso entorno. Para iso dende o Programa deseñouse un blog (prevencioncuntismorana.blogspot.com), a través do cal os/as usuarios/as poden atopar información sobre drogas, recursos asistenciais, actividades programadas dende o Plan Operativo, etc. Ademais, este Plan conta cun servizo de asesoramento para todas aquelas persoas que necesiten información sobre esta temática. O acceso a esta información pode facerse a través doutras vías ademais do blog, como a vía telefónica (tlf1: 986532579, tlf2: 986553541) ou acudindo persoalmente á oficina do programa no Centro Ocupacional “A Ran” Cuntis, os martes e xoves; ou na Casa de Cultura A.D.R. Castelao de Moraña os luns e mércores en horario de 8:00 a 15:00 da mañá.

A importancia do programa
Na actualidade en Galicia, ao igual que no conxunto de España, o consumo de drogas experimentou unha serie de variacións como o aumento do consumo de determinadas drogas e a aparición doutras novas. Todo isto define unha preocupante situación, considerando a curta idade na que comezan algúns consumos e a posible repercusión que estes poden exercer nun período da vida no que o desenvolvemento físico, psicolóxico e social é intenso.

Para correxir esta situación, nos concellos de Cuntis e Moraña o Plan Operativo de Promoción da Saúde e Prevención das drogodependencias, desenvolve dende o ano 2007 diferentes accións preventivas; que ano tras ano se adaptan as novas necesidades e variacións que xorden no ámbito das drogodependencias. Intentando así dar unha resposta máis axeitada e efectiva a esta problemática.

Diferentes actividades programadas en cada ámbito para este novo período:

- ÁMBITO ESCOLAR:

1) A saúde na escola (3 a 11 anos).
2) A experiencia de educar para a saúde na escola (12 a 16 anos).
3) Cinensino.
4) HHSS. (Habiliadades Sociais)


- ÁMBITO FAMILIAR:

1) Iniciando unha escola para pais/nais.


- ÁMBITO COMUNITARIO:
1) Xogar fomentando hábitos saudables.(nenos/as de 4 a 13 anos).
2) Obradoiro VIH-Sida
3) Obradoiro bebidas saudables sen alcol para mozos/as.
4) Previr xogando (nenos/as de 4 a 13 anos).
5) Programa para deixar de fumar.

lunes, 30 de agosto de 2010

XOGAR FOMENTANDO HABITOS SAUDABLES


Cuntis celebrará a actividade “FOMENTANDO HÁBITOS SAUDABLES” os días 23, e 25 de Agosto.

Cuntis, 22 de agosto de 2010

O Concello de Cuntis celebrará os días 23 e 25 de agosto a actividade “FOMENTANDO HÁBITOS SAUDABLES”, organizada polos Concellos de Cuntis e Moraña, a través do Programa Operativo de Promoción da Saúde e Prevención das drogodependencias. Dita actividade terá lugar de 10.30 a 13.30 horas no Colexio Don Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis; cos nenos/as asistentes a Cuntilín. Con esta actividade preténdese fomentar hábitos saudables a través de actividades de ocio e tempo libre que permitan reducir o consumo futuro de drogas.


Moraña celebrará a actividade “FOMENTANDO HÁBITOS SAUDABLES” os días 30, e 31 de Agosto.

Moraña, 26 de agosto de 2010

O Concello de Moraña celebrará os días 30 e 31 de agosto a actividade “FOMENTANDO HÁBITOS SAUDABLES”, organizada polos Concellos de Cuntis e Moraña, a través do Programa Operativo de Promoción da Saúde e Prevención das drogodependencias. Dita actividade terá lugar de 11.00 a 13.00 horas na Casa Cultura A.D.R. Castelao de Moraña. Con esta actividade preténdese fomentar hábitos saudables a través de actividades de ocio e tempo libre que permitan reducir o consumo futuro de drogas.

Para participar na actividade é necesaria inscripción previa ( tlf: 986552809 ou acudindo a Casa de Cultura de Moraña ).


sábado, 22 de mayo de 2010

VIDEFÓRUM



Dende o Plan Operativo de Promoción da saúde e prevención das drogodependencias para os concellos de Cuntis e Moraña, con motivo do 31 de Maio, Día Mundial sen Tabaco, vaise realizar a actividade “Video-forum”. Ésta consiste na visualización da película “Gacias por fumar” e o posterior debate sobre a mesma. Ao remate do acto outorgaranse os premios do Certame de prevención para a saúde (Categoría ESO) que se levou acabo en ambos concellos o longo dos meses de marzo, abril e principios de maio. As datas e lugares de realización da actividade son:

MORAÑA: Venres 4 de xuño de 2010 de 18.00 a 20.30 horas na Casa de Cultura
A.D.R.Castelao.

CUNTIS: Sábado 5 de xuño de 2010 de 18.00 a 20.30 horas no Centro Patelas, OMIX
de Cuntis.

XINCANA DA SAUDE MORAÑA





Moraña celebrará a actividade “Xincana da Saúde” o día 28 de Maio.

O Concello de Moraña celebrará con motivo do 31 de maio (Día Mundial sen tabaco) a actividade, “XINCANA DA SAÚDE”, organizada polos Concellos de Cuntis e Moraña, a través do Programa Operativo de Promoción da saúde e Prevención das drogodependencias. Dita actividade terá lugar o venres 28 de maio de 18.30 a 20.00 h na Casa de Cultura do concello de Moraña. Con este tipo de actividades pretendese concienciar os mais pequenos/as da importancia de hábitos de vida saudables e dos efectos perxudiciais de determinados productos (tabaco). Todo isto, a través de xogos, que farán que os nenos/as aprendan pasando un bo rato.

domingo, 9 de mayo de 2010

ACTIVIDADES QUÉROTE


Dende o Plan Operativo de Promoción da saúde e prevención das drogodependencias para os concellos de Cuntis e Moraña, imos realizar dúas actividades relacionadas coa sexualidade , “Obradoiro de sexualidade para pais e nais” e
Obradoiro “Sen cita previa”.

Obradoiros de 2 horas de duración, impartidos por QUÉROTE (centros de asesoramento afectivo-sexual) ,que terán lugar no Centro Patelas, OMIX de Cuntis. As datas e horarios de realización dos mesmos son:

- “Obradoiro de sexualidade para pais e nais” o venres 3 de xuño de 2010 de 18.30 a 20.30 da tarde. Éste está dirixido a pais/ nais ou titores/as de nenos entre 10 e 13 anos.

- Obradoiro “Sen cita previa” venres 28 de maio de 18.00 a 20.00 da tarde. Dirixido a adolescentes entre 14 e 18 anos

Con estas actividades ó igual que con todas as que se fan dende o Programa de Promoción da Saúde e prevención das drogodependencias para os concellos de Cuntis e Moraña o que se persegue é fomentar hábitos de vida saudables que protexan a población ante o consumo de drogas. Consideramos que un ámbito importante na educación dos/as adolescentes e da súa calidade de vida é o ámbito da sexualidade. Por iso promovemos a realización dos dous obradoiros mencionados anteriormente.

Con ambos obradoiros o que se persegue é informar de xeito natual os/as adolescentes e os seus titores/as sobre a sexualidade. Co obxetivo, entre outros, de previr embarazos non desexados, enfermidades de transmisión sexual e tratar a sexualidade de forma natural como un aspecto máis das nosas vidas.

sábado, 17 de abril de 2010

XORNADAS DE RELAXACIÓN




Cuntis e Moraña celebrarán as “Xornadas de RELAXACIÓN”



Os concellos de Cuntis e Moraña celebran o longo do mes de Maio a actividade, “Xornadas de relaxación”; estás están formadas por varios cursos de relaxación dirixidos a persoas de diferentes idades.
Por un lado realizarase un curso de Relaxación para maiores de 15 anos, outro para adolescentes de 12 a 15 anos e finalmente un para nenos/as de 8 a 10 anos.
Con estos cursos o que se pretende é atender as necesidades de persoas que polas presións cotiás queiran dar resposta as tensións físicas a través de métodos naturais. Xa que na actualidade as tarefas e responsabilidades cotiás no traballo, familia... requiren de un gran esforzo físico , mental e psicolóxico; que provoca alto estrés. Ésto afecta a nosa saúde e polo tanto reduce a nosa calidade de vida.
No caso concreto dos cursos dirixidos a adolescentes, e nenos/as o que se persegue é atender as necesidades que debido as presións cotiás presións cotiás (colexio, familia, amigos) lles fan experimentar estrés e nervios; que se soen manifestar con excesiva actividade, falta de concentración, conductas disruptivas etc
A través destas xornadas os asistentes poderán aprender a controlar e reducir ese estrés mellorando así a súa calidade de vida e por conseguinte a súa saúde.
O Curso de Relaxación é organizado polos Concellos de Cuntis e Moraña, a través do Programa Operativo de Promoción da Saúde e Prevención das drogodependencias.
Dito curso realizarase nas seguintes datas, horarios e lugares:

CURSO DE RELAXACIÓN PARA MAIORES DE 15 ANOS:
Moraña:
Todos os xoves de maio e o primeiro xoves de xuño de 19.00 a 20.30 h na Casa de Cultura de Moraña.
Cuntis:
Todos os martes de maio e o primeiro de xuño de 20.00 a 21.30 h no Centro Patelas, Omix de Cuntis.




CURSO DE RELAXACIÓN PARA ADOLESCENTES (12 A 15 ANOS):
Cuntis:
GRUPO de 12 a 15 anos: Todos os venres do mes de maio de 7 a 8h.
(7,14,21 e 28 de maio). Centro Patelas, OMIX de Cuntis.
Moraña:
GRUPO de 12 a 15 anos: Todos os xoves do mes de maio de 5.45 a 6.45h.
(6,13,20 e 27 de maio). Casa de Cultura de Moraña


CURSO DE RELAXACIÓN PARA NENOS/AS:
Cuntis:
GRUPO de 8 a 11 anos : Todos os venres do mes de maio de 5.45 a 6.45h
(7,14,21 e 28 de maio). Centro Patelas, OMIX de Cuntis.


Moraña:
GRUPO de 8 a 11 anos : Todos os martes do mes de maio de 6.30 a 7.30h
(4,11,18 e 25 de maio) . Casa de Cultura de Moraña.


Para a participación nos cursos é imprescindible inscripción previa (20 prazas), ésta realizarase nos seguintes teléfonos:
- Moraña: 986 552809, en horario de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 21.00h.
- Cuntis: 986532579, os martes e xoves en horario de 8.00 a 15.00h.