sábado, 13 de marzo de 2010

CURSO COCIÑA SAUDABLE



Dende o Plan Operativo de Promoción da saúde e Prevención das drogodependencias para os concellos de Cuntis e Moraña o longo deste mes de abril vanse realizar varias actividades. Todas elas co obxetivo de fomentar os hábitos de vida saudables, fortalecendo así un factor de protección ante o consumo de drogas.

Entre elas levarase a cabo un curso de cociña saudable, dirixido a maiores de 15 anos. A actividade terá lugar o londo do mes de abril en ambos concellos. Concretamente en Moraña a actividade realizarase os días 7,8 e 9 de abril de 17.30 a 19.30 da tarde na Casa de cultura de Moraña. Pola súa banda o curso realizarase en Cuntis os días 14,15 e 16 de abril de 17.30 a 19.30 no Centro Ocupacional “A Ran”.

Para a participación no mesmo é imprescindible inscrición previa nos seguintes teléfonos: Moraña: 986552809; Cuntis: 986532579. Con este curso preténdese ensinar os asistentes diferentes métodos saudables e saborosos de preparación de alimentos; que permitan mellorar os seus hábitos alimenticios. Todo isto co obxetivo final de fomentar nas persoas unha vida sá, lonxe do consumo de drogas.

¿XOGANDO POLA ALIMENTACIÓN?



O Concello de Moraña celebrará os días 29, 30 e 31 de Marzo a actividade “Xogando pola alimentación”, organizada polos Concellos de Cuntis e Moraña, a través do Programa Operativo de Promoción da saúde e Prevención das drogodependencias. Dita actividade terá lugar de 16.30 a 20.00 horas na Casa de Cultura do Concello de Moraña. Con esta actividade preténdese fomentar hábitos saudables, entre eles unha boa alimentación, a través de actividades de ocio e tempo libre.

  • 16.30 a 18.00 nenos de 3 a 6 anos.
  • 18.00 a 20.00 nenos de 7 a 13 anos.