martes, 31 de mayo de 2011

ESTE SÁBADO 4 DE XUÑO VEN CON NÓS!!!A CELEBRAR O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

ACTIVIDADES NO “ DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE”

Dende o concello de Cuntis a través do Núcleo de Sostenibilidade, o Plan Operativo de Promoción da Saúde e Prevención das Conductas Adictivas e o Departamento de Actividades deportivas terá lugar o próximo sábado 4 de xuño a celebración do “día mundial do medioambiente”.
Ó longo do día haberá actividades para tódolas idades. Obradoiros de mecánica da bicicleta, de reciclaxe e saúde para nenos/as entre os 4 e os 12 anos, gymkhana deportiva, degustación de cócteles saudables para tódolos públicos, entrega dos premios do certame sobre o “tabaquismo” e algunha sorpresa.
O obxectivo principal de esta celebración é concienciar á poboación da importancia que ten para a nosa saúde e ben estar o respeto ó medioambiente, facer deporte e alimentarnos de maneira saudable. O mesmo tempo tamén poderáse decubrir verdadeiras delicias de cócteles sen alcohol e coñecer os riscos da conducción baixo os efectos do alcohol con gafas simuladoras.
O traballo será multidisciplinar desenvolvido polo persoal responsable dos diferentes programas: un licenciado en bioloxía ambiental, un licenciado en INEF e unha licenciada en psicopedagoxía.
Para apuntarse nestas actividades poderá facerse ou ben na secretaría dos colexios de Cuntis e Moraña ou na Axencia Local de Sostibilidade do Concello de Cuntis.
Esperamos que calquera veciño/a que estea interesado se acerque e participe.

ACTIVIDADE "CONTA-CONTOS" NAS ESCOLAS UNITARIAS DE CUNTIS E MORAÑA













ACTIVIDADE “CONTA-CONTOS: A MÚSICA DOS ALIMENTOS”
Mediante esta actividade con información audiovisual acompañada de sons, os nenos/as puideron iniciarse no mundo da alimentación saudable. Coñeceron os diferentes personaxes do conto:a doutora Saúde e a Andina e a súa familia que farán tolear a máquina dos alimentos.
Esta máquina é capaz de facer soar a calquera alimento que lle poñamos diante e incluso de poñerlle música as barrigiñas dos diferentes participantes.
Como obsequio ó final da actividade entregáronse bolsiñas de froitos secos a tódolos nenos/as para recordarlles que según a pirámide dos alimentos é recomendable o seu consumo polo menos 2 ou 3 veces á semana.
As escolas nas que se fixo a actividade foron: “San Lourenzo”, “Amil”, e “Lamas” no Concello de Moraña ,e “Arcos” no Concello de Cuntis.
A actividade foi impartida pola técnica de Saude dos Concellos de Cuntis e Moraña sempre coa colaboración das mestras das escolas.