sábado, 17 de abril de 2010

XORNADAS DE RELAXACIÓN




Cuntis e Moraña celebrarán as “Xornadas de RELAXACIÓN”



Os concellos de Cuntis e Moraña celebran o longo do mes de Maio a actividade, “Xornadas de relaxación”; estás están formadas por varios cursos de relaxación dirixidos a persoas de diferentes idades.
Por un lado realizarase un curso de Relaxación para maiores de 15 anos, outro para adolescentes de 12 a 15 anos e finalmente un para nenos/as de 8 a 10 anos.
Con estos cursos o que se pretende é atender as necesidades de persoas que polas presións cotiás queiran dar resposta as tensións físicas a través de métodos naturais. Xa que na actualidade as tarefas e responsabilidades cotiás no traballo, familia... requiren de un gran esforzo físico , mental e psicolóxico; que provoca alto estrés. Ésto afecta a nosa saúde e polo tanto reduce a nosa calidade de vida.
No caso concreto dos cursos dirixidos a adolescentes, e nenos/as o que se persegue é atender as necesidades que debido as presións cotiás presións cotiás (colexio, familia, amigos) lles fan experimentar estrés e nervios; que se soen manifestar con excesiva actividade, falta de concentración, conductas disruptivas etc
A través destas xornadas os asistentes poderán aprender a controlar e reducir ese estrés mellorando así a súa calidade de vida e por conseguinte a súa saúde.
O Curso de Relaxación é organizado polos Concellos de Cuntis e Moraña, a través do Programa Operativo de Promoción da Saúde e Prevención das drogodependencias.
Dito curso realizarase nas seguintes datas, horarios e lugares:

CURSO DE RELAXACIÓN PARA MAIORES DE 15 ANOS:
Moraña:
Todos os xoves de maio e o primeiro xoves de xuño de 19.00 a 20.30 h na Casa de Cultura de Moraña.
Cuntis:
Todos os martes de maio e o primeiro de xuño de 20.00 a 21.30 h no Centro Patelas, Omix de Cuntis.




CURSO DE RELAXACIÓN PARA ADOLESCENTES (12 A 15 ANOS):
Cuntis:
GRUPO de 12 a 15 anos: Todos os venres do mes de maio de 7 a 8h.
(7,14,21 e 28 de maio). Centro Patelas, OMIX de Cuntis.
Moraña:
GRUPO de 12 a 15 anos: Todos os xoves do mes de maio de 5.45 a 6.45h.
(6,13,20 e 27 de maio). Casa de Cultura de Moraña


CURSO DE RELAXACIÓN PARA NENOS/AS:
Cuntis:
GRUPO de 8 a 11 anos : Todos os venres do mes de maio de 5.45 a 6.45h
(7,14,21 e 28 de maio). Centro Patelas, OMIX de Cuntis.


Moraña:
GRUPO de 8 a 11 anos : Todos os martes do mes de maio de 6.30 a 7.30h
(4,11,18 e 25 de maio) . Casa de Cultura de Moraña.


Para a participación nos cursos é imprescindible inscripción previa (20 prazas), ésta realizarase nos seguintes teléfonos:
- Moraña: 986 552809, en horario de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 21.00h.
- Cuntis: 986532579, os martes e xoves en horario de 8.00 a 15.00h.

martes, 6 de abril de 2010

GAÑADORES CERTAME PREVENCIÓN PARA A SAUDE 2010 - 3º CICLO PRIMARIA (E.P.O.)

Os gañadores son:

- Concello Cuntis - Fabi Abdulkader Sande (6ºA) - C.P.I. Don Aurelio Marcelino Rey García



- Concello Moraña - Irene García Fernández (5ºA) - C.P.I. Santa Lucía de Moraña

sábado, 13 de marzo de 2010

CURSO COCIÑA SAUDABLE



Dende o Plan Operativo de Promoción da saúde e Prevención das drogodependencias para os concellos de Cuntis e Moraña o longo deste mes de abril vanse realizar varias actividades. Todas elas co obxetivo de fomentar os hábitos de vida saudables, fortalecendo así un factor de protección ante o consumo de drogas.

Entre elas levarase a cabo un curso de cociña saudable, dirixido a maiores de 15 anos. A actividade terá lugar o londo do mes de abril en ambos concellos. Concretamente en Moraña a actividade realizarase os días 7,8 e 9 de abril de 17.30 a 19.30 da tarde na Casa de cultura de Moraña. Pola súa banda o curso realizarase en Cuntis os días 14,15 e 16 de abril de 17.30 a 19.30 no Centro Ocupacional “A Ran”.

Para a participación no mesmo é imprescindible inscrición previa nos seguintes teléfonos: Moraña: 986552809; Cuntis: 986532579. Con este curso preténdese ensinar os asistentes diferentes métodos saudables e saborosos de preparación de alimentos; que permitan mellorar os seus hábitos alimenticios. Todo isto co obxetivo final de fomentar nas persoas unha vida sá, lonxe do consumo de drogas.

¿XOGANDO POLA ALIMENTACIÓN?



O Concello de Moraña celebrará os días 29, 30 e 31 de Marzo a actividade “Xogando pola alimentación”, organizada polos Concellos de Cuntis e Moraña, a través do Programa Operativo de Promoción da saúde e Prevención das drogodependencias. Dita actividade terá lugar de 16.30 a 20.00 horas na Casa de Cultura do Concello de Moraña. Con esta actividade preténdese fomentar hábitos saudables, entre eles unha boa alimentación, a través de actividades de ocio e tempo libre.

  • 16.30 a 18.00 nenos de 3 a 6 anos.
  • 18.00 a 20.00 nenos de 7 a 13 anos.

sábado, 6 de marzo de 2010

DÍA 8 DE MARZO

Con motivo do día 8 de marzo (Día Internacional da Muller) divulgaranse trípticos con información sobre muller e drogas



ACTIVIDADES DO MES DE MARZO




Ó longo do mes de marzo as actividades a realizar dende o plan operativo de promoción da saúde e prevención das drogodependencias son:

- ALMORZOS SAUDABLES (ÍMOS AO MERCADO)


HORARIO SESIÓNS ALMORZOS SAUDABLES

XOVES 18 DE MARZO (Cuntis)

10 a 11—4º infantil A

12.20 A 1.20—4º infantil B


LUNS 22 DE MARZO (MORAÑA):

9:45 - 10:35 E.P. 1ºA
10:35 -11:25 E.P. 1ºB
11:45 - 12:40 E.P. 2ºA
12:40 - 13:35 E.P. 2ºB



MARTES 23 DE MARZO

1 sesión en Unitaria O Souto MORAÑA de 10 a 11 horas da mañá

1 sesión na unitaria de Cuntis de 12 a 13.00 horas.

TARDE (Colexio Cuntis): 2 Sesións: 15.35 a 16.35- 5º infantil

16.40 a 17.40- 6º infantil


MÉRCORES 24 DE MARZO (MORAÑA)

9:45 - 10:35 E.I. 6ºA
10:35 -11:25 E.I. 4º
11:45 - 12:40 E.I. 6ºB
12:40 - 13:35 E.I. 5º


XOVES 25 DE MARZO (CUNTIS)

3 sesións de 9.30 a 12 horas. As tres sesións son con 1º, e 2º de primaria


VENRES 26 DE MARZO (Unitarias Moraña)

Unitaria AMIL (Moraña)10 a 11

Unitaria A Espedregueira (Moraña) de 12 a 13 horas


- XOGANDO POLA ALIMENTACIÓN (nenos de 3 a 13 anos)

Horario (día 29,30 e 31)

o Concello de Cuntis:

§ Nenos e nenas de 7 a 13 anos: de 10 a 12

§ Nenos e nenas de 3 a 6 anos: de 12 a 14.

o Concello de Moraña:

§ Nenos de 3 a 6 anos: de 15,30 a 17,30

§ Nenos de 7 a 13 anos: de 17,30 a 19,30


* Planing de actividades e datas

GRUPO DOS NENOS DE 3 A 6 ANOS


LUNS, 29 DE MARZO

MARTES, 30 DE MARZO

MÉRCORES 31 DE MARZO


GRAN XOGO:

A ruleta da saúde

(A través de completar debuxos)

Obradoiro de cociña: “hoxe facemos nos o postre”

GRAN XOGO: contacontos animado con alimentos

GRUPO DOS NENOS DE 7 A 13 ANOS


LUNS, 29 DE MARZO

MARTES, 30 DE MARZO

MÉRCORES 31 DE MARZO


GRAN XOGO:

A ruleta da saúde

Obradoiro de cociña: “hoxe facemos nos o postre”

GRAN XOGO: ximcana dos alimentos