miércoles, 8 de diciembre de 2010

OBRADOIRO DE BEBIDAS SAUDABLES



Cuntis e Moraña celebrarán co alumnado de 3ºESO dos CPI de ambos concellos o “Obradoiro Bebidas Saúdables para mozos/as” os días 20 e 21 de decembro de 2010.

Cuntis e Moraña, 8 de decembro de 2010

Os Concellos de Cuntis e Moraña a través do Programa Operativo de Promoción da Saúde e Prevención das drogodependencias organizan o “Obradoiro de bebidas saudables para mozos/mozas” que se impartirá entre o alumnado de 3º da ESO dos colexios de ambos concellos (Colexio Don Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis e no CPI Santa Lucía de Moraña).

Dita actividade realizarase os días 20 e 21 de decembro durante o horario escolar. Incluída como unha das actividades de lecer asociadas o Nadal e o fin do primeiro trimestre escolar.
Con esta actividade preténdese que os mozos/as coñezan e aprendan a realizar diferentes bebidas saudables (granizados, cócteles sen alcol, batidos...). Para así proporcionarlle novas formas de ocio que permitan romper co binomio alcol-diversión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

DEIXA AQUÍ A TÚA OPINIÓN