viernes, 5 de noviembre de 2010





Cuntis e Moraña celebra a actividade: “ Programa para deixar de fumar”
os próximos meses de novembro/decembro de 2010.

Cuntis e Moraña, 3 de novembro de 2010

Os concellos de Cuntis e Moraña a través do Plan Operativo de Promoción da Saúde e prevención das drogodependencias, están a levar a cabo, un ano máis, múltiples accións preventivas, tanto específicas como inespecíficas (educación para a saúde), orientadas a minimizar os factores de risco e potenciar a influencia dos factores de protección co fin de previr o consumo de drogas.

Dentro dos programas preventivos da carteira de servizos do Plan Galego de Drogas atópase o “Programa para deixar de fumar”, que se aplicará o longo dos meses de novembro e decembro na Casa de Cultura A.D.R.Castelao de Moraña.
O programa de deshabituación progresiva do consumo de tabaco é un tratamento psicolóxico eficaz que demostrou en múltiples aplicacións a súa elevada eficacia para deixar de fumar. Consiste na realización por parte dos/as asistentes, semana a semana, dunha serie de tarefas, que lle permitirán deixar de fumar na quinta semana. As actividades que plantexa o programa son sinxelas. Permitindo abandoar o consumo de tabaco de forma paulatina, e con pouco esforzo.

Antes de comezar co Programa propiamente dito realizarase unha reunión inicial na que se informará os/as asistentes sobre a dinámica a seguir durante as 5 semanas de duración do programa, concretarase o día e hora de reunión semanal e repartirase o material necesario para poder desenvolver o programa.

A reunión inicial realizarase o mércores 17 de novembro de 2010 de 20.30 a 22.00 h da tarde na Casa de Cultura A.D.R. Castelao, Moraña.

Para participar na actividade e necesaria inscripción previa (prazas limitadas; 20 prazas). Data límite para inscribirse, venres 12 de novembro.

Inscripción: Casa de Cultura A.D.R. Castelao ou chamando os teléfonos:

986 552809 (Biblioteca de Moraña).
986 532579 (Julia).

No hay comentarios:

Publicar un comentario

DEIXA AQUÍ A TÚA OPINIÓN